A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, presentou hoxe o proxecto de Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga, que prevé a creación dun programa de formación para que os concellos avancen cara a unha xestión profesionalizada do abastecemento, do saneamento e da depuración. Vázquez, xunto co secretario xeral técnico da Consellería, Joaquín Macho, e o xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, detallou o contido desta Lei aprobada onte no Consello da Xunta e remitida ao Parlamento para a súa tramitación.
