24 noviembre, 2026

NOIA, PORTO DO SON E LOUSAME CONTAN CUN DESCENSO DOS CONTAXIOS, QUE AUMENTAN DE FORMA LIXEIRA NO RESTO DA COMARCA.

A evolución dos contaxios deixa unha xornada máis un aumento dos mesmos na comarca, aínda que Lousame, Noia e Porto do Son contan hoxe cun descenso nos casos. No municipio noiés hai 102 positivos a dúas semanas, un menos que onte, e a sete días tamén baixa nun positivo para un total de 60. Porto do Son rexistra 57 contaxios a catorce días, unha caída de cinco, e a unha semana resta un e baixan ata os 27. Lousame ten 23 positivos a dúas semanas, un descenso de sete respecto a onte, e a sete días conta con entre un e nove.

Related posts

O BNG ESIXE SOLUCIÓNS URXENTES AOS PROBLEMAS DO TRANSPORTE PÚBLICO REXISTRADOS NA COMARCA

CloudyX

O MEXILLÓN REDUCE A SÚA CALIDADE DESPOIS DO VERÁN

CloudyX

A FEDERACIÓN GALEGA DE NATACIÓN BUSCA LÍDER

CloudyX