O Camiño de Santiago “A Orixe” xa é unha realidade e a Mancomunidade Barbanza Arousa segue traballando en diferentes puntos da comarca. Así, desde a entidade veñen de informar que a sinalización xa está rematada nos concellos de Rianxo, Boiro e a Pobra, e nos vindeiros días realizarase en Ribeira. Isto tamén se pode consultar na páxina web, nun síntoma de dixitalización da mancomunidade.
