O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o compromiso coa discapacidade, cun investimento neste 2022 de 142 millóns de euros, o máis elevado da historia da autonomía para conseguir unha Galicia de oportunidades, na que todos temos un sitio. Durante a gala do XXV aniversario de Cegasal, Feijóo aseverou que estes fondos buscan percorrer todas as necesidades e circunstancias das persoas que presentan algún tipo de discapacidade.
