A Asociación de Armadores do Cerco de Galicia segue mostrándose firme na súa idea acerca da sardiña. A entidade asegura que a situación do produto nos caladoiro é boa, con moito recurso e de boa calidade. Por iso, Acerga reclama un aumento nos cupos, de 5 mil e 4 mil, para poñer fin ao problema ao que se enfrontan os barcos máis pequenos.
