O Goberno galego vai a mobilizar máis de 27 millóns de euros na mellora de 12 BIC no marco do Plan Xacobeo Next Generation. Así o confirmou o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, tras o Consello da Xunta. Este financiamento permitirá executar obras de rehabilitación de espazos de uso turístico, aplicar melloras de sustentabilidade, accesibilidade e eficiencia enerxética, e impulsar a dixitalización destes bens.
