Hoxe desenvolveuse o Pleno do Parlamento Galego, onde os portavoces dos grupos socialista e nacionalistas puxeron dous temas sobre a mesa: o dereito que os galegos teñen a unha vivenda digna e ás dificultades que se atopan os mozos para independizarse. O voceiro do PSdeG-PSOE, Luis Manuel Álvarez, afirmou estar preocupado polo acceso á vivenda en Galicia e pola ineficacia do Goberno galego á hora de desenvolver políticas públicas neste eido.
