O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acudiu á gala do quinto aniversario do Foro Empresa Pontevedra. Durante a súa intervención sinalou que na próxima Conferencia de Presidentes reclamará a descentralización de parte dos fondos next generation para que as autonomías teñan tamén responsabilidade na recuperación económica.
