O Concello da Pobra e a Asociación Galega de Familias de Acollida, Acougo, únense para dar a coñecer o acollemento. O 26 de febreiro terá lugar unha xuntanza na que se compartirán experiencias e se achegará o acollemento a persoas que xa están inmersas nel e a todas as que queiran saber máis sobre esta realidade.
