O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, asinou hoxe o convenio entre a Xunta e as Universidades de Santiago, A Coruña e Vigo, no marco do Plan de financiamento Universitario 2022-2025. Contará cunha mobilización de 3.200 millóns de euros destinados a innovación, a investigación avanzada e a internacionalización.
