As diferenzas entre os sindicatos e a patronal da conserva polo novo convenio prolongaron as negociacións ata hoxe. Tras tres folgas impulsadas por UXT, CCOO e CIG que levaron á rúa a centos de traballadores da conserva e tras anunciar a posibilidade de pechar as fábricas durante unha semana en marzo, o diálogo levou ao entendemento.
