A evolución da sexta onda deixa un día máis unha caída dos casos, aínda que o ritmo de descenso estase a reducir. Ribeira conta con 723 contaxios a dúas semanas, 59 menos que onte, e 256 a sete días, sete menos. En Boiro hai 390 positivos a catorce días, dez menos que na xornada anterior, e 148 a unha semana, unha caída de seis positivos. Noia rexistra 16 casos menos a dúas semanas que baixan ata os 292, e conta cun lixeiro aumento dun caso a sete días para un total de 128.
