O Goberno galego ha decretado tres días de loito oficial pola traxedia do ‘Vila de Pitanxo’. A Xunta reuniu á súa dirección de maneira extraordinaria por mor do suceso. Na reunión gardouse un minuto de silencio e posteriormente o presidente, Alberto Núñez Feijóo, leu unha declaración institucional. Nela, o Goberno galego lembra que Galicia é «unha comunidade autónoma marcada por sucesos luctuosos relacionados co mundo do mar» pero aclara que «ninguén está preparado para recibir unha noticia tan conmovedora».
