A Administración local da Pobra do Caramiñal vén de recibir o ingreso por parte do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, tamén coñecido como IDAE, correspondente á subvención para a renovación e adaptación do alumeado público. As novas luminarias son de Tecnoloxía LED e contan cun sistema de regulación.
