O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitaron hoxe o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Nese escenario Feijóo resaltou a contratación dun centenar de novos profesionais dende 2020 para desenvolver o Plan de Saúde mental de Galicia poscoronavirus.
