O cadro de persoal da Policía local da Pobra do Caramiñal vén de incrementarse coa incorporación de catro novos axentes. Un deles intégrase no corpo da localidade mediante o proceso de mobilidade ao solicitar o municipio como destino ao que trasladarse; mentres que os outros tres chegan tras supera-la súa formación na Academia Galega de Seguridade Pública. A partir de hoxe a Policía Local da Pobra contará con 10 policías.
