No día de hoxe, o Partido Popular da Pobra do Caramiñal deu unha rolda de prensa na que criticaba a ao goberno local pola mala situación na que se atopa a piscina municipal. Manuel Durán indicou que non se lle deu información nin resposta ás preguntas sobre o motivo do peche permanente das instalacións.
