No último pleno do Parlamento galego aprobouse por unanimidade a moción presentada polo BNG respecto dos conflitos entre bateeiros e percebeiros. Nela os nacionalistas reclaman á Xunta que non cesen as reunións do Grupo de Traballo no que están os sectores e a Administración para chegar por fin a unha solución a un conflito que se leva arrastrando anos.
