O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que, en 2021, a Administración autonómica destinou 4,4 millóns de euros para custear o mantemento e a gratuidade das escolas infantís municipais de Galicia. Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo precisou que na actualidade o Executivo galego está a axudar os 86 concellos a ofrecer a gratuidade para os segundos fillos.
