A área de Igualdade da Deputación da Coruña, que encabeza a deputada María Muíño, vén de aprobar unha nova liña de axudas para entidades sen fins de lucro co ánimo de promover o desenvolvemento de programas de Igualdade entre homes e mulleres e impulsar a loita contra a violencia de xénero ao longo do 2022.
As bases da convocatoria xa están publicadas no BOP. A través destas axudas búscase promover programas e accións que incidan na igualdade de xénero e afondar na erradicación da violencia machista e que consignará unha partida de 420.000 euros, cun mínimo de 1.000 euros e un máximo de 40.000 para cada entidade beneficiaria. O prazo de solicitude estará aberto desde hoxe ata las 14 horas do próximo 3 de marzo.
A deputada de Igualdade apuntou que dende o departamento apoian políticas de igualdade que promovan accións de empoderamento e participación social, programas de mellora da empregabilidade, actividades que fomenten a igualdade ou proxectos que incidan na conciliación familiar. Un dos eixos no que van a seguir avanzando dende o ente provincial é na Escola de Formación e Igualdade.
As solicitudes e a tramitación para optar á convocatoria realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTEL.
