Fai uns días efectuouse no municipio pobrense a inauguración do parque infantil da Lombiña tralo proceso de rehabilitación ao que foi sometido nos últimos meses, o cal foi detallado polo alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos e a deputada provincial, Sandra González. O acto de reapertura tamén contou coa asistencia de veciñanza e membros da corporación municipal. Ademais, dispuxéronse na contorna actividades infantís, pintacaras e chocolatada. A concelleira de servizos municipais sinalou que se trata dunha obra moi demandanda.
