O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitou hoxe as instalacións da empresa luguesa Entrepinares. Nese escenario anunciou que o Goberno galego impulsará a transformación e comercialización de produtos agrarios cunha liña de axudas que terá 30 millóns de euros de orzamento.
