19 noviembre, 2026

ROSA QUINTANA ADVIRTE Á UNIÓN EUROPEA DAS PERDAS DA FROTA PESQUEIRA GALEGA NO CASO DA ELIMINACIÓN DAS BONIFICACIÓNS AOS COMBUSTIBLES

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo hoxe un encontro co representante permanente da Unión Europea na Organización Mundial de Comercio (OMC), Joao Aguiar, no que lle trasladou a preocupación de Galicia ante o impacto que poden ter no sector pesqueiro as distintas propostas da OMC e da Comisión Europea para eliminar ou reducir as bonificacións aos combustibles da frota. Neste sentido, entregoulle o informe elaborado pola comunidade no que se reflicte que a supresión desas rebaixas fiscais provocaría que boa parte da frota galega deixase de ser rendible.
En relación ao peor dos escenarios, o documento destaca que incluso no segmento de frota que menor impacto rexistraría, que é o de artes menores, o beneficio anual, duns 15.700 euros, estaría por debaixo do salario medio bruto de Galicia, que é de preto de 22.200 euros.  As frotas máis afectadas serían a de arrastre e palangre de altura e grande altura, que entrarían en perdas estruturais.
O presidente da Federación Galega de Confrarías advertiu do gran problema que pode chegar a supoñer esta medida.

Related posts

ALLEGUE RECLAMOU AO GOBERNO CENTRAL A PARÁLISE DA SUBA DOS PREZOS DA AP-9 PARA O 2027

CloudyX

O PSDEG REIVINDICOU EN AMICOS O DEREITO DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE A PARTICIPAR NA VIDA POLÍTICA

CloudyX

A GARDA CIVIL DESMANTELOU UN GRUPO ESPECIALIZADO EN ROUBOS CON FORZA E VIOLENCIA

CloudyX