19 noviembre, 2026

O PLENO DA POBRA DENEGOU AS TRES MOCIÓNS PRESENTADAS POLO PARTIDO POPULAR.

O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada de onte, xoves 27, a partir das 20.30 horas, a sesión ordinaria do Pleno da corporación. Foron un total de 3 puntos os debatidos, todos con mocións presentadas polo Partido Popular, e todas elas denegadas. O PP propuxo a construción dun novo parque infantil público na parroquia de Santa Cruz, que foi denegada con 5 votos a favor dos populares, 1 abstención do PSOE e 7 en contra de Nós Pobra e o BNG. Un dos momentos nos que máis se debatiu foi o referido ao vertedeiro existente nas parcelas de titularidade municipal no polígono da Tomada. Dende o PSOE consideraron que se estaba a levar unha boa xestión.

Related posts

A POLICÍA LOCAL DA POBRA E A GARDA CIVIL LOCALIZAN A UNHA PERSOA CUNHA REQUISITORIA XUDICIAL

CloudyX

AS DEGUSTACIÓNS E A DIVULGACIÓN GASTRONÓMICA PUXERON O BROCHE DE OURO ÁS XORNADAS MICOLÓXICAS DA POBRA

CloudyX

A MICOLOXÍA PROTAGONIZOU A FIN DE SEMANA NA POBRA

CloudyX