O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo,acudiu hoxe á presentación do proxecto Cancer Innova. Nese escenario expuxo a colaboración público-privada como elemento clave para acadar a consolidación do sector biotecnolóxico galego, atraer e reter talento investigador e impulsar a economía. O titular do Goberno galego sinalou que o proxecto Cancer Innova é un bo exemplo desa aposta, que aliña a ciencia coas necesidades da industria para facer fronte aos retos médicos presentes e futuros.
