O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe da aprobación por parte da Xunta dos trámites necesarios para que o Goberno central aboe a Galicia os cartos da sentenza do IVE correspondente a decembro de 2017. Isto prodúcese logo de que o Tribunal Supremo dese a razón á Xunta en abril de 2021 e acreditase que o Goberno central vulnerou o dereito á autonomía financeira de Galicia, orixinando un quebranto económico á facenda autonómica e un enriquecemento indebido para o Estado.