A sexta onda non da descanso na comarca, que volve a contar cun aumento dos contaxios. Ribeira ronda os 900 casos a dúas semanas xa que ten 897, 24 máis que onte. Sen embargo a sete días a cifra descende en 14 e ten 428. Boiro suma 31 novos positivos a catorce días para un total de 663, mentres que a unha semana resta 16 e ten 316. Noia rexistra 520 contaxios a dúas semanas, un máis que onte, e 256 a sete días, 22 menos.
En Rianxo hai 330 positivos a catorce días, tres máis que na xornada anterior, e 172 a unha semana, 11 menos. A Pobra contabiliza 275 casos a dúas semanas, seis máis que onte, e 146 a sete días, unha caída de nove. Muros suma sete novos contaxios a catorce días e conta con 250, e a unha semana suma 4 para un total de 122. Outes ten 135 positivos a dúas semanas, 11 máis que onte, e 66 a sete días, tres menos. Lousame rexistra 116 casos a catorce días, un máis, e 57 a unha semana, 8 menos.
Porto do Son é o único concello que conta cun descenso de contaxios nos dous rexistros. No municipio hai 238 a dúas semanas, tres menos que onte, e 121 a sete días, unha caída de 11.
Galicia suma nas últimas horas 6.341 novos positivos e a cifra de casos activos increméntase ata os 78.692. Nos hospitais galegos hai 560 persoas ingresadas por coronavirus, 28 menos que onte. En planta permanecen 507, 32 menos que no día anterior, mentres que en coidados intensivos hai catro pacientes máis para un total de 53.