A ministra de Transportes, Movilidade y Agenda Urbana, Raquel Sánchez, mantivo hoxe unha reunión co presidente da xunta, Alberto Núñez Feijóo, na que se tratou a axenda de obras e inversións pendentes en Galicia. O titular do Goberno galego solicitou a posta en marcha dos trens Avril, de ancho variable, para reducir o tempo de conexión do AVE coas cidades galegas.