O Consello de Ministros de España aprobou o Bono Xove de Alugueiro. Os mozos de 18 a 35 anos que sexan cidadáns españois, europeos (incluído Suíza) ou de terceiros países con residencia legal en España terán dereito a recibir unha axuda de 250 euros ao mes durante dous anos. Para acceder a este bono público o beneficiario ou beneficiarios, porque tamén se permitirá recibir esta axuda en caso de compartir piso, deberán ter entre 18 e 35 anos e un contrato de traballo que non lle xere máis de 24.318,84 euros euros anuais. Algúns veciños da comarca vén con bos ollos esta axuda para poder independizarse.