Barbanza

OS CASOS DE COVID SEGUEN AUMENTANDO NA COMARCA, AÍNDA QUE A UN RITMO MÁIS REDUCIDO.

Os contaxios de coronavirus seguen a aumentar na comarca de forma dispar e en menor medida. Ribeira suma unha xornada máis cun descenso nos positivos. Hoxe hai 859 a dúas semanas, tres menos que onte, e 471 a sete días, 23 menos. Noia tamén rexistra unha lixeira caída dos casos. O municipio conta con 502 a catorce días, cinco menos que onte, e 281 a unha semana, un menos. Na Pobra tamén se reduciron os contaxios. Hoxe ten 253 a dúas semanas, cinco menos que na xornada anterior, e 153 a sete días, unha caída de nove casos.
Boiro, pola contra, suma 14 novos contaxios catorce días e ten un total de 630, e a unha semana aumenta en sete e conta con 381. Rianxo contabiliza 315 positivos a dúas semanas, nove máis que onte, e 186 a sete días, catro máis. En Porto do Son descenden os casos a catorce días, xa que rexistra 252, 20 menos que onte, sen embargo a unha semana a cifra aumenta en tres ata os 133. Muros rexistra 242 contaxios a dúas semanas, seis máis que onte, e 130 a sete días, catro máis.
Outes suma un novo positivo a catorce días e ten 130 e dos a unha semana, onde a cifra é de 76 positivos. Lousame ten 113 contaxios a dúas semanas, dous máis que onte, e 71 a sete días, catro menos.
Galicia suma 6.627 novos positivos nas últimas horas e ten 75.961 casos activos. Nos hospitais galegos hai 608 persoas ingresadas por coronavirus, 6 máis que onte. En planta atópanse 553 pacientes, catro máis que onte, mentres que en coidados intensivos permanecen 55, dous máis

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.