19 noviembre, 2026

CONTINÚA O HUMOR NO TEATRO CINE ELMA CO ESPECTÁCULO “POR VÍA ORAL”. A FUNCIÓN TERÁ LUGAR O VINDEIRO DOMINGO ÁS 19:00 HORAS

Dinamo Producións achegará ao teatro cine Elma o espectáculo Por vía oral. Será no 23 de xaneiro, ás 19.00 horas, unha iniciativa enmarcada na axenda cultural configurada na Pobra para o inicio do presente ano,
Trátase dunha función protagonizada por Pedro Brandariz e Ángela Triana que analiza o sistema sanitario actual dende un punto de vista humorístico, trasladando unhas escenas moi cotiás e identificables.
Ao igual que as demais propostas que conforman a programación, está dirixida a maiores de 14 anos. A entrada é de balde e as reservas formalizaranse na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler ou a través do teléfono de contacto 981831545.
A iniciativa está organizada pola Concellería de Cultura da Pobra do Caramiñal,  en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Related posts

A POLICÍA LOCAL DA POBRA E A GARDA CIVIL LOCALIZAN A UNHA PERSOA CUNHA REQUISITORIA XUDICIAL

CloudyX

AS DEGUSTACIÓNS E A DIVULGACIÓN GASTRONÓMICA PUXERON O BROCHE DE OURO ÁS XORNADAS MICOLÓXICAS DA POBRA

CloudyX

A MICOLOXÍA PROTAGONIZOU A FIN DE SEMANA NA POBRA

CloudyX