O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que a Xunta seguirá apostando polo fermosismo galego, cun Plan Hurbe que ten mobilizado desde a súa posta en marcha, hai máis dunha década, 150 millóns de euros en 320 actuacións.
Nesta liña, e durante unha visita á nova biblioteca pública municipal de Salvaterra de Miño, rehabilitada con cargo a este programa, Feijóo recordou que neste 2022 o plan continuará cunha dotación de 7 millóns de euros “para mellorar, humanizar e coidar”