O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que a Xunta creará un comité multidisciplinar para elaborar unha estratexia coa que impulsar o maior crecemento económico e rendemento social do AVE a Galicia. Núñez Feijóo resaltou que é necesario compromiso tamén coas conexións de Vigo con Ourense e Porto, coa Variante exterior en Ourense e coa súa estación intermodal, así como coas obras pendentes da remodelación do antigo túnel do Padornelo e o reforzo da subestación das Portas .