Pobra Do Caramiñal

CINE E COMEDIO PARA INICIAR A AXENDA CULTURAL DO 2022 NA POBRA. TODAS AS ACTIVIDADES TERÁN LUGAR NO CINE ELMA E SERÁN DE BALDE

A Pobra comeza o presente ano configurando xa o calendario de actividades culturais para os meses de xaneiro e febreiro, onde o cine e a comedia serán os protagonistas. Un total de cinco propostas dirixidas a maiores de 14 anos que transcorrerán no teatro cine Elma. Todas elas serán en domingo, ás 19.00 horas. A primeira das citas culturais será no 16 de xaneiro con Botando a lingua a pastar, da man de Cándido Pazó. No 23 de xaneiro será a quenda de Dinamo Producións con Por vía oral.Como última obra de teatro Culturactiva Producións recala no 30 de xaneiro con Dous no camiño.A concelleira da Cultura apuntou que con este ciclo búscase ofrecer unha alternativa de ocio á veciñanza, así como contribuír «á posta en valor da cultura galega.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.