Pobra Do Caramiñal

A SEGUNDA CONVOCATORIA DA CAMPAÑA RAÑA E GAÑA, IMPULSADA POLO CONCELLO POBRA DO CARAMIÑAL, XA DISTRIBUÍU PRETO DE 500 AGASALLOS

A campaña Raña e Gaña segue repartindo premios na Pobra. A iniciativa que celebra este ano a súa segunda edición botou a andar o 27 de decembro, e ata hoxe xa se repartiron arredor de 500 agasallos. O proxecto naceu da colaboración do Concello pobrense e o tecido local xunto coa colaboración do tecido empresarial: Congalsa, Grupo Roig, Rianxeira/Escurís, Conservas Ramón Franco e a estación de servizo Avia e DS Smith Cartogal.
Esta convocatoria supón a distribución de máis de 70.000 tarxetas en 60 establecementos comerciais e de servizos do municipio, cifras que se traducen en 600 regalos directos por un importe de case 15.000 euros. Por cada dez euros de compra faise entrega dun rasca que pode agochar moitos regalos, dende produtos alimentarios a sesións fotográficas ou tratamentos de beleza. Os regalos das empresas consisten en lotes de produtos, dispositivos eléctricos, maletíns de limpeza de vehículos e o agasallo estrela: unha viaxe a Eurodisney.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.