Os axentes da Garda Civil detiveron ao propietario dunha vivenda localizada nos xardíns Valle-Inclán na Pobra ao que acusan de presuntamente roubar en tres bares do municipio. Na declaración xunto ao seu letrado, o detido autorizou a entrada no domicilio para buscar os obxectos que puideran estar relacionados cos roubos ocorridos recentemente no concello.
Logo de entrar no interior da vivenda, os axentes recuperaron unha máquina rexistradora e outra expendedora de tabaco que foran roubadas nun local anexo á vivenda. Tamén atoparon catro chisqueiro novos, moedas e unha chaqueta amarela con reflectores que supostamente levaba posto o atracador nas imaxes da cámara de vixilancia.
