O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal albergou na xornada de onte, mércores 22, a partir das 20.30 horas, a sesión extraordinaria do Pleno da corporación. Foron tres puntos os tratados na sesión. O primeiro deles foi a aprobación da Conta Xeral do exercicio 2020 que foi aprobada por unanimidade.
