Xunta de Galicia

A XUNTA INSTA A REMATAR CO CAOS NA APLICACIÓN DA NOVA LEI EDUCATIVA

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou por videoconferencia na Conferencia Sectorial de Educación, na que advertiu unha vez máis do caos que previsiblemente se vai producir o curso que vén na aplicación da nova lei educativa. Neste sentido, lembrou que o Ministerio de Educación y FP fixo caso omiso á petición de Galicia e doutras comunidades autónomas, reiterada en varias ocasións desde o pasado mes de setembro, de publicar antes do rematar o ano o deseño dos contidos que o alumnado deberá estudar a partir do vindeiro curso.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.