O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, visitou hoxe a finalización das obras do Espazo Amizar, un complexo que comezará a recibir dende xaneiro a 280 empregados das consellerías de Emprego e Política Social. Feijóo sinalou o Espazo Amizar como unha obra singular dende o punto de vista arquitectónico, na que se investiron 7 millóns de euros.