Galicia

A XUÍZA INSTRUTORA CREE QUE EL CHICLE VIOLOU Á SÚA CUÑADA CANDO ELA ERA MENOR DE IDADE.

O Xulgado de Instrución número dous de Noia pechou o sumario no que se investiga se José Enrique Abuím Gey, máis coñecido como El Chicle, agrediu sexualmente á súa cuñada cando ela tiña 17 anos. A xuíza encargada da instrución do caso recolle no documento que se desprenden indicios bastantes de que o asasino confeso de Diana Quer ameazou á irmá da súa exmuller cunha arma branca antes de violala.
O sumario do caso foi inicialmente aberto no 2005 e foi sobresido provisionalmente ese mesmo ano. A causa reabriuse en marzo do 2018 e máis de tres anos despois a xuíza instrutora considera probado que Abuín Gey realizou actos atentatorios contra a liberdade sexual da denunciante. Para a instrutora, os feitos revisten as características propias dun delito de agresión sexual con penetración vaxinal, coa concorrencia de agravantes de prevalecemento, xa que a vítima era a súa cuñada e menor de idade. Agora, a Audiencia Provincial da Coruña encargarase de xulgar os feitos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.