A sexta onda deixa un día máis novos contaxios na comarca, aínda que hai algunhas excepcións.Tamén avanza a inmunización coa inxección da terceira dose. Unha vez lista a vacinación da franxa 60-69 anos, hoxe comezou a quenda das persoas que teñan entre 59 e 50 anos.
Con respecto á evolución dos contaxios, Ribeira é o concello que acumula máis casos, hoxe conta con 58 a dúas semanas, os mesmos que onte. Sen embargo a sete días a cifra baixa xa que hai 26 casos, tres menos. Boiro suma catro novos positivos a catorce días e ten 26, mentres que a unha semana ten 15, cinco máis que onte. Noia rexistra un lixeiro repunte e ten 45 positivos a dúas semanas, tres máis que onte. A sete días conta con 15, tres máis. A Pobra ten 29 casos a catorce días, tres máis que onte, e 21 a unha semanas, seis máis. Porto do Son suma tres contaxios a dúas semanas para un total de 20, e a unha semana confirma 10 casos. Muros e Outes contan unha xornada máis con entre un e nove casos nos dous rexistros, mentres que Lousame ten 10 a dúas semanas a entre un e nove a sete días.
En Galicia a evolución da sexta onda deixa unha cifra alta de contaxios. Nas últimas 24 horas detectárons1.072 novos positivos e hai un total de 12.221 casos activos. Debido ao aumento rexistrado nas últimas semanas, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantiveron unha xuntanza con representantes da hostalería para analizar a situación e ver que estratexia seguir para non aumentar as medidas que están en vigor.