Falta menos dun mes para que remate o ano e aínda falta por pescar o 14,62% do xurelo que lle pertence á frota española no Cantábrico Noroeste. Os biólogos afirman que hai xurelo, pero os pesqueiros negan rotundamente que haxa suficiente especie no mar. Desde Cerqueiros Galegos consideran que isto débese á falta de preservación dos recursos. Desde a entidade afirman que o correcto sería que cada barco pesque según a cota correspondente aos históricos cando se fixo o reparto, e para os barcos de ACERGA o mesmo, e non pescar sen control, segundo cerqueiros galegos.