O pleno do Parlamento galego celebrado hoxe discorreu entre dous temas expostos polos voceiros do PSdeG-PSOE e do BNG: como se vai a afrontar a sexta onda e o papel do Goberno autonómico para solucionar os problemas dos galegos. Caballero afirmou estar preocupado pola evolución dos contaxios e pediu incentivar a vacinación.
