Na xornada do sábado tiveron lugar as actividades centrais da nova edición do ciclo dedicado a Victoriano García Martí na Pobra do Caramiñal. Durante a tarde tivo lugar unha ruada de música tradicional a cargo da Agrupación Xiada, seguida da ofrenda cívica diante do busto escritor García Martí. O alcalde da Pobra destacou a importancia destas iniciativas para poñer en valor o traballo do escritor.