Galicia

OS CASOS DE COVID EN NOIA ESTABILÍZANSE E SEGUEN A SUBIR EN GALICIA. NAS ÚLTIMAS HORAS DETECTÁRONSE 499 NOVOS POSITIVOS E HAI 5.400 CASOS ACTIVOS

Os contaxios de coronavirus en Noia comezan a frearse. Nas últimas 24 horas rexistrouse un novo caso a dúas semanas, que eleva a cifra a 60 positivos. Sen embargo a sete días a cifra descende tamén nun caso e hoxe conta con 31. En Ribeira tamén se detectou un lixeiro aumento de contaxios. Hoxe hai 13 a catorce días e 10 a unha semana, cando onte nos dous rexistros contaba con entre un e nove casos. A Pobra mantense con 12 casos a dúas semanas e entre un e nove a sete días, mentres que Muros só ten entre un e nove positivos a dúas semanas. Boiro, Rianxo, Porto do Son, Outes e Lousame contan con entre un e nove casos a sete días e a unha semana.
En Galicia o número de contaxios segue incrementándose e no último día detectáronse 499 novos. En total hai 5.422 casos activos, a cifra máis alta rexistrada dende o 8 de setembro. A presión hospitalaria tamén se eleva, xa que hoxe hai 155 persoas ingresadas, 15 máis que onte. Onde máis soben as hospitalizacións é en planta xa que hai 128, catorce máis que na xornada anterior. En coidados intensivos atópanse 27 persoas ingresadas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.