A titular do departamento de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asistiu hoxe ao acto da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), que presentou os resultados das actuacións desenvolvidas no marco do Pacto contra a Violencia de Xénero por esta entidade. No acto, Lorenzana reivindicou unha atención singular ás mulleres xordas e xordocegas para facer que participen activamente na sociedade en condicións de igualdade e evitar situacións de violencia de xénero ante as que se mostran máis vulnerables polas discriminacións que poidan padecer.
