Congalsa foi hoxe o escenario onde se desenvolveu unha visita formativa. Unha vintena de mozos acudiron á empresa como parte das actividades do programa Xuventude Mentoring, un proxecto pioneiro de formación e mentorización que busca favorecer a empregabilidade da xente nova. A empresa con sede na Pobra é unha das colaboradoras e seis dos seus directivos serán mentores de 8 dos participantes.