Pontenafonso congregou onte unha protesta polos traballos de rehabilitación que se están a desenvolver na ponte. Numerosos veciños da zona acudiron á chamada do BNG, que promoveu a concentración na que definiron a actuación como un atentado patrimonial xa que se colocou unha placa de formigón para non retirar os cables de telefonía, segundo indicou o voceiro do BNG en Noia, Ricardo Suárez. Tamén se colocará unha varanda de ferro en lugar de recuperar o peitoril.
