Deputación Da CoruñaMurosOutes

A Deputación Destina Unha Gran Suma De Cartos Proxectos De Cogami Na Comarca Do Barbanza

Representantes de Cogami e de ata tres entidades pertencentes a esta Confederación asinaron esta mañá diversos acordos de colaboración co presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo.

Así, por parte da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, o presidente Anxo Queiruga asinou a aceptación dun local no edificio da Milagrosa, despois de que o pleno da Deputación aprobara definitivamente a súa cesión gratuíta de uso por un prazo de cinco anos prorrogables outros cinco.

O local conta cunha superficie de 560,70 metros cadrados, que se distribuirán en tres aulas de formación, aula informática, oficinas, despachos e almacén. Nestas instalacións funcionará o Servizo de Orientación Laboral e mesmo un Centro de Día para persoas con discapacidade da comarca, así como para o desenrolo de todo tipo de actividades, todas elas de carácter gratuíto.

En principio, o compromiso da Deputación da cesión gratuíta do local, cun costo estimado de 3.177,30 euros ao mes, establécese por un prazo de cinco anos, prorrogables expresamente por outros cinco, xa que a propiedade seguirá sendo en todo momento da institución provincial.

Segundo explicou o vicepresidente de COGAMI, Ramón Sestayo, o apoio da Deputación da Coruña “é fundamental nun momento de falta de recursos” e de “grandes necesidades para o movemento asociativo”.

Ademais do acordo con COGAMI, o presidente da Deputación tamén asinou un convenio de colaboración coa Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros (ABISDISMUR) co fin de axudar no financiamento dun obradoiro de viveirismo e na realización de diversas melloras no centro de formación de Valadares en Outes.

Segundo se explica no texto asinado por Diego Calvo e Ramón Sestayo, a edificación obxecto das obras está situada nunha parcela duns 9.000 metros cadrados e consta de planta baixa e alta. Os traballos, cun orzamento de 158.475,43 euros, consisten na adecuación da planta superior para o seu uso como oficinas. A achega da Deputación é dun total de 50.483,14 euros, o que supón o 32,8% do presuposto total da actuación.
http://youtu.be/DAHQo3_0dEY

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.