O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, resaltou hoxe o compromiso da Xunta cunha Universidade 4.0 que concilie innovación, empregabilidade e especialización, cun Plan de financiamento que permitirá mobilizar 3.200 millóns de euros entre 2022-2026, “un 31% máis que o fixado inicialmente no período anterior”, dixo, destacando tamén que nos orzamentos autonómicos do ano que vén as contías comprometidas para o Sistema Universitario Gallego ascenden a case 500 millóns, un 5,4% máis que no exercicio anterior. Feijóo aproveitou o acto para pedir que non se mine o esforzo, garante de igualdade.